Chámanos +34 981 511 365

Albergue Edreira

Albergue Edreira encóntrase en Arca (O Pino), o pé do Camiñoo de Santiago, nun entorno tranquilo e a poucos metros de multitude de servizos como restaurantes, zonas de lecer ou turísticas, farmacias, ...
O albergue dispóon de 40 prazas repartidas en 4 habitacións, unha delas para discapacitados; ademáis dispoñemos dunha gran cantidade de servizos para os peregrinos como duchas, zonas de descanso, servizo de bocadillos, lavandería, calefacción, ou conexión a internet.
Pode visitarnos o seu paso por Arca no seu camiño ata Santiago de Compostela.

Persoal

Pili Mera e Isabel Mera estarán o teu servizo para axudarche no que desexes.

Servizos

Habitacións, Sala polivalente, Zona lavandería, Zona de aseos, Parking, Zona de ocio, ...

Horarios

Aberto de Marzo a Outubro
de 12:00 a 23:00 horas.
Novembro a Marzo so grupos.

Contacto

Teléfono do albergue: 981511365
Móbil para incidencias: 660234995
Email: info@albergue-edreira.com

Instalaciós e servizos

Habitacións

Albergue Edreira dispón de habitacións de diferentes capacidades con liteiras totalmente equipadas para darlle o mellor servizo os seus invitados.

Contamos ademais cunha habitación adaptada a persoas con minusvalía.

  • Calefacción chan radiante
  • Ventilación por renovación de aire
  • Taquillas para obxetos persoais

  • Habitación completa con baño para persoas con minusvalía
  • Estantes para mochilas
  • Estanterías para calzado
  • Enchufes eléctricos

Sala polivalente

As instalacións do Albergue Edreira contan cunha sala polivalente donde os usuarios poden descansar, comer, vela tele, utilizalo ordenador, ...

  • WIFI gratuito
  • Televisión
  • Ordenadores con acceso a internet e impresora
  • 2 microondas
  • Máquina de refrescos, snacks e café
  • Máquinas de bocadillos quentes
  • Utensilios de cociña (platos, vasos, cuberteria, ...)

Zona de aseos

Albergue Edreira ofrece nas suas instalacións duas zonas de aseos para homes e mulleres completamente equipadas con duchas de auga quente.

  • 5 duchas de auga quente no vestiario masculino
  • 5 duchas de auga quente no vestiario femenino
  • 5 aseos en cada vestiario
  • 5 lavabos en cada vestiario

Zona de lavandería

O Albergue Edreira dispón de varias zonas de lavandería para o uso dos peregrinos.

  • Lavadoras
  • Secadoras
  • 2 lavadeiros
  • Tendal para roupa

Zona de parking

O Albergue Edreira dispón dunha amplia zona gratuita para estacionar xusto diante do albergue. Ademáis dispón de soporte para bicicletas no interior das instalacións.

  • Estacionamento libre fora do albergue
  • Soporte para bicicletas

Zona de recreo

Albergue Edreira ten á disposición dos seus clientes amplios espazos nas zonas de recreo. Terraza con sombrillas, zona con mesas cubertas ou zona de xardín, son algúns deles.

  • Zona cuberta con toldo
  • Terraza con sombrillas
  • Zona de xardín
  • Mesas para comer
  • Mesas e cadeiras na terraza

Tarifas e reservas

Individual
Xaneiro a Decembro
13
Noite
Grupos
1 de Novembro o 15 de Marzo
-
Consultar prezo

Arredores do Albergue

Al lado de Arca se encuentra la mítica Compostela, y como lazo de unión el siempre histórico y atrayente Camino de Santiago, en sus últimos pasos hacia la ciudad del Apóstol. O Albergue Edreira encóntrase en Arca, parroquia do Concello de O Pino. Un lugar acolledor, con aire fresco, cheiro a choiva, silencio, un manto verde o noso arredor, exquisita gastronomía, ... todo aderezado con certas perlas arquitectónicas e os indispensables elementos da vida moderna ao alcance da man.
Xusto á beira de Arca encóntrase a mítica Compostela, e como lazo de unión o sempre histórico e atraente Camiño de Santiago, nos seus últimos pasos cara á cidade do Apóstolo.

O Pino depáranos interesantes enclaves para gozar. Destaca a ponte romana situada na parroquia que comparte o seu nome co do concello. Aquí, lugar coñecido como A ponte Puñide, reta o paso dos anos e dos séculos unha pequena ponte da época romana, situada sobre o río Mera. Nos seus arredores localizáronse varias pezas romanas, entre elas un importante Modium de bronce.
Outro dos puntos de referencia é a coñecida como Catedral da Montaña, unha Igrexa situada nun pequeno val en Lardeiros, e a ermida de Santa Irene, ermida moi visitada en Arca. A pequena pero coidada edificación relixiosa está próxima a unha fonte onde existía unha imaxe da santa que databa do ano 1692. Icona realizada en granito, con algo máis de medio metro de alto. A imaxe foi roubada en 1989. A lenda conta que a auga desta fonte se recollía para as hortas, co fin de rematar coa presenza de pestes. Ademais, dise que Santa Irene cura os nenos dos seus males e tamén os que choran demasiado, ao pasar debaixo da súa imaxe na capela. A súa festividade celébrase o 29 de xuño, nunha romaxe que tradicionalmente realizan os mozos solteiros da parroquia, o de maior idade de cada familia.
No Piñeiro consérvanse tamén históricos e señoriais inmobles ligados a liñaxes nobiliarias e a familias fidalgas que se asentaron en diferentes enclaves do municipio. Tres deles álzanse maxestosos hoxe en día, (Pazo del Marqués de Montesacro, Pazo de Porto Outeiro e Pazo do Picón), desafiando ás leis do pasado e testemuñando nas súas pedras pregos de vivencias e acontecementos ricos en detalles. Todos eles teñen carácter privado e non están abertos, a priori, a visitas turísticas.

En canto ás festas, no Pino existen numerosas celebracións, relacionadas sobre todo co capítulo relixioso. Destacan, pola súa concorrencia, as da Madalena, en Castrofeito, o 22 de xullo, e a de San Pedro, en Arca, o 29 de xuño. No apartado gastronómico, a referencia é a xa consolidada Festa do Galo e Mostra Cabalar, que se celebra o primeiro domingo do mes de agosto, tamén en Arca.

Capilla Santa Irene

A Magdalena

Concello de O Pino

Servizos cercanos

Centro de Saúde 320 m

Farmarcia 180 m

Bancos e caixeiros 130 m

Talleres mecánicos 150 m

Cafeterías e bares 100 m

Restaurantes 100 m

Supermercados 120 m

Instalacións deportivas 500 m

Biblioteca 500 m

Tendas 500 m

Panadería 120 m

Igrexa (200 m)

Dirección Rúa da Fonte 19, 15823 O Pino (A Coruña)

Contacta con nós

Si tes algunha pregunta, ¡non dubides en contactar con nós!

Pili e Isabel Mera
Pili e Isabel
Recepción e reservas
+34 660 234 995
info@albergue-edreira.com

Albergue Edreira

Rúa da Fonte 19, 15823 O Pino (A Coruña)

Si tes dúbidas ou necesitas información adicional, por favor chámanos:

  • +34 981 511 365
  • +34 660 234 995