Arredores

O Albergue Edreira encóntrase en Arca, parroquia do Concello de O Pino. Un lugar acolledor, con aire fresco, cheiro a choiva, silencio, un manto verde o noso arredor, exquisita gastronomía, ... todo aderezado con certas perlas arquitectónicas e os indispensables elementos da vida moderna ao alcance da man.
Xusto á beira de Arca encóntrase a mítica Compostela, e como lazo de unión o sempre histórico e atraente Camiño de Santiago, nos seus últimos pasos cara á cidade do Apóstolo.

arca
Ermita de Santa Irene

O Pino depáranos interesantes enclaves para gozar. Destaca a ponte romana situada na parroquia que comparte o seu nome co do concello. Aquí, lugar coñecido como A ponte Puñide, reta o paso dos anos e dos séculos unha pequena ponte da época romana, situada sobre o río Mera. Nos seus arredores localizáronse varias pezas romanas, entre elas un importante Modium de bronce.
Outro dos puntos de referencia é a coñecida como Catedral da Montaña, unha Igrexa situada nun pequeno val en Lardeiros, e a ermida de Santa Irene, ermida moi visitada en Arca. A pequena pero coidada edificación relixiosa está próxima a unha fonte onde existía unha imaxe da santa que databa do ano 1692. Icona realizada en granito, con algo máis de medio metro de alto. A imaxe foi roubada en 1989. A lenda conta que a auga desta fonte se recollía para as hortas, co fin de rematar coa presenza de pestes. Ademais, dise que Santa Irene cura os nenos dos seus males e tamén os que choran demasiado, ao pasar debaixo da súa imaxe na capela. A súa festividade celébrase o 29 de xuño, nunha romaxe que tradicionalmente realizan os mozos solteiros da parroquia, o de maior idade de cada familia.
No Piñeiro consérvanse tamén históricos e señoriais inmobles ligados a liñaxes nobiliarias e a familias fidalgas que se asentaron en diferentes enclaves do municipio. Tres deles álzanse maxestosos hoxe en día, (Pazo del Marqués de Montesacro, Pazo de Porto Outeiro e Pazo do Picón), desafiando ás leis do pasado e testemuñando nas súas pedras pregos de vivencias e acontecementos ricos en detalles. Todos eles teñen carácter privado e non están abertos, a priori, a visitas turísticas.

En canto ás festas, no Pino existen numerosas celebracións, relacionadas sobre todo co capítulo relixioso. Destacan, pola súa concorrencia, as da Madalena, en Castrofeito, o 22 de xullo, e a de San Pedro, en Arca, o 29 de xuño. No apartado gastronómico, a referencia é a xa consolidada Festa do Galo e Mostra Cabalar, que se celebra o primeiro domingo do mes de agosto, tamén en Arca



Servizos cercanos
320 m CENTRO DE SAÚDE
180 m FARMACIA
130 m BANCOS / CAIXEIROS
150 m TALLERES MECÁNICOS
100 m BARES / CAFETERIAS
100 m RESTAURANTES
120 m SUPERMERCADOS
120 m PANADERÍA
500 m PISCINA MUNICIPAL
500 m CAMPO DE FÚTBOL
500 m PABILLÓN POLIDEPORTIVO
300 m BIBLIOTECA MUNICIPAL
400 m IGLESIA
Enlaces